Volve o Surfing The Lérez

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís
Publicado por o día 07/06/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Pontevedra,Vigo

Volve o Surfing The Lérez

Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como fío condutor o Rock and Roll, do que se poderá gozar en dous escenarios nos que está previsto que toquen:

• Pájaro
• The Soul Jacket
• Diola
• Los vinagres
• Lucy and the rats
• Monrovia
• Dois
• Bala
• Los Deltonos
• Los Bengala
• Los Tiki Phantoms
• Glitter & Litter
• Malandromeda
• Os amigos dos músicos

Este festival, xa referencia na música e nos festivais galegos, tal e como demostra o recén galardón Martín Códax da música, está pensado para toda a familia polo que as actividades infantís son outro dos pratos fortes da xornada.

A programación para os cativos dende os 5 até os 18 anos correrá a cargo do Estudo Bonobo que ofertará tanto obradoiros de ilustración, fotografía, teatro… así como espectáculos de distinta índole.

Tamén como cada ano, Redeaxuda terá unha importante presenza. Este ano solicita que as donacións sexan de leite, e pretende acadar, de ser posíbel, 6.000 litros na xornada.

Toda a actividade comezará ás 12.00 da mañá e rematará de noite, polo que non faltarán os mercadiños, food truck e moita máis diversión.

Outras actividades parellas ao Surfing son dúas proxeccións na Casa das Campás.
Serán:

• Xoves 8 de xuño. Ás 19.30 horas. 24 Hour Party People (Michael Winterbottom,
UK, 2002)
• Martes 13 de xuño. Ás 19.30 horas. Rocky Horror Picture Show (Jim Sharman,
USA, 1975)