Volvemos Camiñar o Vigo vello!

Publicado por o día 08/05/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Volvemos Camiñar o Vigo vello!

Boa tarde, parroquia, velaquí un aviso para navegantes: por se a alguén lle interesa, que saibades que o Concello de Vigo convoca unha nova saída para pasear polos segredos, curiosidades e misterios do Vigo vello e a súa memoria.

Levarémolo a cabo o vindeiro sábado 18 de maio, a iso das 11 da mañá, e de seguro que o pasamo ben e rimos aínda máis. O que si, por se vos apetece vir, sabede que, aínda que é de balde, o único requisito que tedes que cumprir é apuntarvos, para que a cousa non se nos vaia de madre! E, para facelo, nada máis tedes que chamar aos teléfonos que aparecen indicados na ligazón que vos deixo aquí abaixo.

Guiado por Pedro Feijoo, achegamos un novo percorrido que nos levará polo Barrio Alto, pola rúa Real, pola praza da Constitución… A saída (ás 11.00 h) é dende o BANCO DOS CONTOS, aproveitaremos así para sabermos un pouco máis do Vigo doutrora…

De maneira que, xa sabedes, se vos apetece vir dar un paseo con Pedro Feijo pola primavera da cidade… atizádelle aí, que as prazas voan!

Comentar noticia

Your email address will not be published.