Volven as masificacións no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

Por o 11/12/2017 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos
Volven as masificacións no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro
Compartir en:

A executiva comarcal de Vigo da federación de sanidade de CCOO, denuncia a masificación do servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro. 

Na tarde de onte a afluencia non pudo ser absorvida polas camas existentes e á primeira hora desta mañá mais de 30 persoas tiñan orden de ingreso, pero o que non tiñan cama onde ingresar.

CCOO, lembra que o CHUVI está sendo continuamente infrautilizado. O Hospital do Meixoeiro, aínda hoxe mantén 60 camas pechadas (plante 3ª ala 1 e 3ª ala 2). Precisamente o sábado abrían un ala da 6ª e fai quince días abriran a outra ala da 6ª planta.

CCOO, reitera a necesidade de ter operativas durante todo o ano todas as camas posibles, todas as do Meixoeiro e Nicolás Peña e o desdoblamento das camas en todas as habitacións do Hospital Álvaro Cunqueiro. Non pode ser que Vigo padezca a maior lista de espera cirúrxica de Galicia e contínuas saturacións en urxencias e non podamos dispoñer de todos os recursos. E lembrar a situación aínda mais negra durante os veráns con peches non soio de camas (no Meixoeiro chegando a pechar a metade delas) e dos quirófanos.