Volven os obradoiros escolares sobre o ciclo da auga

A Concellaría do Ciclo da Auga xunto á empresa concesionaria, Viaqua inicia un novo ciclo desta formación para 230 escolares de 8 centros de ensino.
Publicado por o día 03/11/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Volven os obradoiros escolares sobre o ciclo da auga

A Concellaría do Ciclo da auga, que xestiona Carme da Silva, retoma co inicio do curso escolar os novos obradoiros sobre o Ciclo da auga nos centros de ensino. Aqualogía impartirase da man da concesionaria da xestión do abastecemento de auga, Viaqua.

O obradoiro escolar Aqualogía está dirixido a alumnos de terceiro curso de Primaria que pretende achegar, dun xeito lúdico e experimental, que é a auga e a súa importancia, xa que é un recurso vital escaso e co propósito de concienciar aos pequenos sobre o uso axeitado e racional da auga.

Neste obradoiro os nenas e nenos son unha parte activa no desenvolvemento dun conto: xogan a valorar o consumo da auga, descobren a rede de transporte de augas, teñen que xestionar a auga dunha cidade ou reflexionan sobre como evitar que se manche a auga, experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.

Primeiro visualizan unha presentación dos personaxes animados de Aqualogía, que explican o ciclo da auga, para continuar coa historia do ciclo integral da auga con obradoiros interactivos e experimentos adaptados á idade de cada curso, para que poidan entender o que significa o uso racional da auga

Os escolares poden coñecer a Minerva, Qualo, Vitrubio, Clara e Salvador, personaxes que aproveitan os recursos dixitais das aulas para interesar ao alumnado no ciclo urbano da auga.

Nesta edición que comezará mañá mesmo e rematará o vindeiro luns, participarán 230 escolares de 8 centros de ensino do concello: CEIP Vilaverde, Marcón, Marcós da Portela, Parada, Santo André de Xeve, San Martiño, Carballeira, San José.

As quendas de Aqualogía serán as seguintes:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O programa ten os seguintes obxectivos:
• Concienciar aos escolares sobre a importancia da auga e o medio ambiente.
• Achegar aos escolares o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga.
• Potenciar a participación e a interacción dos alumnos mediante o uso de novas tecnoloxías.
• Pór a disposición dos profesores unha ferramenta didáctica adaptada ao currículo de cada ciclo educativo.