Volven os SHOWCOOKING ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo

O Showcooking estará de novo a cargo de Carmen Albo, autora do coñecido blogue de cociña www.guisandomelavida.com
Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Volven os SHOWCOOKING ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, pon en marcha unha nova e orixinal edición das súas xa coñecidos Showcooking Gran Vía de Vigo, tras o seu parón estival.

No espazo de cociña deseñado en exclusiva por IKEA sorprenderémosche con “Cita a ciegas” que terá lugar o vindeiro venres 6 de setembro a partir das 19:00 horas na planta 2 coa nosa especialista en cociña Carmen Albo (www.guisandomelavida.com).

Deixando fluír os vosos sentidos, os asistentes poderedes vivir unha experiencia única e sorprendente coa que descubrir e gozar de cheiros, sabores e texturas. Seredes capaces de acertar os ingredientes que conteñen as nosas caixas misteriosas? Adiviñaredes o nome da sobremesa nunha cata a cegas?

Como en todas as anteriores ocasións, a solidariedade volverá estar moi presente xa que cada asistente terá que entregar 2 kg de alimentos por entrada, que se doarán ao Banco de Alimentos de Vigo. Este punto de recollida solitario abrirase a todos os clientes que se atopen no centro comercial o venres en horario de tarde.

Os showcookings, como sempre, son gratuítos, poderás conseguir as túas entradas a través da plataforma Ticketea. As prazas son limitadas. Ademais, poderás seguir cada Showcooking en directo

desde o Facebook de Centro Comercial Gran Vía de Vigo.

Pon a proba os teus sentidos!