Dúas persoas afectadas por inhalación de fume tras producirse un incendio nun centro cultural de Rianxo

Publicado por o día 10/05/2018 na sección de Sucesos

Dúas persoas afectadas por inhalación de fume tras producirse un incendio nun centro cultural de Rianxo

Dúas persoas foron atendidas esta mañá polos servizos sanitarios de urxencia, tras a inhalación do fume provocado ao incendiarse uns cables eléctricos dun centro cultural de Rianxo.

No incendio, unicamente se viron afectados os cables e parte do teito do inmoble situado no lugar de Palleiro, na parroquia rianxeira de Leiro. Foi o mesmo persoal do centro quen ademais de extinguir o lume axudándose duns extintores, alertou sobre as 08:00 horas desta mañá ao 112 Galicia. Aínda así, tras recibir o aviso, persoal do 112  Galicia informou aos Bombeiros de Boiro y a la Guardia Civil,  que decontado se desprazaron ao punto. Cando os membros de extinción chegaron ao punto, o lume xa fora apagado polo persoal do centro, aínda así,  os bombeiros procederon a revisar e arrefriar o local. Ademais, indicaron que había dúas persoas que podían precisar asistencia sanitaria polo que pasouse aviso ao 061-Urxencias  Sanitarias.

Finalmente, os técnicos sanitarios confirmaron que os dous afectados foron atendidos no mesmo lugar onde ocorreron os feitos, sen ser necesario o seu traslado a ningún centro hospitalario.