Localizan o corpo sen vida dunha muller nunha praia de Cervo

Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Sucesos

Localizan o corpo sen vida dunha muller nunha praia de Cervo

O corpo sen vida dunha muller foi atopado esta tarde en Cervo, na Praia da Caosa. Así o comunicaba ao 112 Galicia unha persoa particular ao fío das 14:05 horas. Indicaba no seu relato que observaba o que parecía ser o corpo dunha persoa na auga.

Decontado, dende o 112 Galicia se poñían os feitos en coñecementos da Garda Civil, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e do GES de Cervo. Ademais,  o persoal do 112 Galicia pasou o aviso aos socorristas da Praia de Torno, que se encargaron de recuperar o corpo e levalo ata ao areal. Tamén, os xestores do CIAE informaron do ocorrido ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca-II, aínda que se descartou a súa intervención tras ser rescatado o corpo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o corpo da muller foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti despois de ser recuperado.