Volver Un menor, evacuado ao Hospital do Lugo tras ser alcanzado por un vehículo na Rúa das Fontes

Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Sucesos

Volver Un menor, evacuado ao Hospital do Lugo tras ser alcanzado por un vehículo na Rúa das Fontes

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta tarde a un menor atropelado por un turismo na Rúa das Fontes, en Lugo.

O cativo foi trasladado ao Hospital da cidade despois de recibir os primeiros coidados no lugar do accidente, fronte ao Instituto Ánxel Fole.

A alerta sobre este suceso saltou ás seis desta tarde no 112 Galicia a través da chamada dun veciño que pedía axuda urxente para o menor, polo que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediuse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que xa tiñan coñecemento do suceso e enviaban medios.

Ademais, contaron coa colaboración dos axentes da Policía Local, alertados polo persoal do 112.