A A.VV. Novo Vigo non concorda coa aprobación da Moción sobre o Centro de Saúde de Navia

Uds. gobernan na Comunidade e a sanidade é a súa competencia!
Publicado por o día 01/02/2017 na sección de Asoc. Vecinos Novo Vigo,Sanidad,Social,Vigo

A A.VV. Novo Vigo non concorda coa aprobación da Moción sobre o Centro de Saúde de Navia

Desde a A.VV. Novo Vigo mostran a sua desconformidade coa moción que o Concello de Vigo aprobou o pasado luns. Desde Novo Vigo veñen a mostrar que é triste observar o “circo mediático” que ofrecen o PP e o PSOE co Centro de Saúde de Navia, agora que se mobilizaron.

A manifestación cidadá que tivo lugar o pasado 11 de xaneiro, con numerosa asistencia pretendía facer ver que a necesidade é inminente! Desde Navia non piden “prazos” nin “promesas”…

Reclaman a reestructuración do centro e a apertura de tarde con todo o persoal sanitario que se requira para iso, e así poder mellorar na calidade dos servizos do Centro de Saúde de Navia.

Consideran

Consideran que xa transcorreu o tempo suficiente desde que, o pasado mes de xuño, de novo o PP, presentase unha PNL no Parlamento de Galicia para este mesmo labor. Fai xa máis de seis meses, tempo suficiente para levar a cabo a reestruturación, e que agora o PSOE de Vigo duplica…

Non queren outros seis meses de prazo, xa se esgotaron! A saúde e a calidade de vida non entenden de prazos! engaden desde a asociación.

Desde maio do 2012, máis de catro anos de funcionamento do Centro, tiveron prazo suficiente para que este centro dispoña dos servizos e recursos humanos adecuados para proporcionar unha Sanidade de Calidade acorde ás necesidades dos usuarios afectados nos barrios de Bouzas, Alcabre, Comesaña e Navia. A falta de interese por adiantar o proceso destaca a pouca preocupación das autoridades pertinentes polos cidadáns.

Esixen

Esixen XA que o Centro de Saúde de Navia adapte os recursos humanos ás necesidades que ten a poboación afectada! Non máis promesas nin prazos e, señores do PP de Vigo, non se refuxien no PSOE,

Desde Navia

Uds. gobernan na Comunidade e a sanidade é a súa competencia!