Walking and Eating Galicia ofrece visitas especiais en Vigo este Nadal

Publicado por o día 22/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

Walking and Eating Galicia ofrece visitas especiais en Vigo este Nadal

A axencia Walking and Eating Galicia, socios de Vigo Convention Bureau, lanzan para este nadal un programa de visitas guiadas especiais na cidade de Vigo.

As visitas de pago libre serán todos os xoves, venres e sábados do 29 de novembro ao 4 de xaneiro, empezando ás 19.00 horas na Porta do Sol. Ademais, tamén ofrecen visitas privadas baixo reserva previa.

A través do percorrido, os visitantes gozarán dos impresionantes adornos do Nadal que decoran a cidade. Xa son varias o nadal que en Vigo se aposta por unha celebración do nadal ao grande, ano tras ano a cantidade de adornos, luces e atraccións para os máis pequenos van en aumento, e este 2019 será difícil de superar.

Este roteiro guiado percorrerá as rúas da cidade cos adornos máis rechamantes, como a emblemática árbore lumínico na Porta do Sol (onde comezará o percorrido), a super bóla de nadal, o agasallo xigante…para terminar na estrela indiscutible das festas: a gran nora de máis de 60 metros de altura.

E isto non é todo… descubriremos moitas sorpresas máis! Pero non só gozarase con toda esta iluminación, senón que tamén teremos a oportunidade de descubrir algúns dos datos máis curiosos sobre o Nadal e, como non, coñeceremos algunha que outra pincelada sobre a historia da nosa cidade e as tradicións galegas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.