A Tempada de Música Clásica de Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo, chega á súa fin cun concerto a cargo do Dúo Ara. Terá lugar mañá mércores 22 de maio, a partir das 20.00 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13).
Pilar Moráguez e Enrique A. Martínez interpretarán a Suite sinfónica de West side story de L. Bernstein con arranxos de John Musto e Pablo Beltrán, acompañados de dous pianos, Rasa Biveiniene e Arabel Moráguez, e Carlos Castro e David Alonso na percusión.
As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que implica unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.
Noticias de última hora en Vigo