X.L Jácome: “É inaceptable que a Deputación de Pontevedra pague o SMI ás traballadoras do plan de emprego”

O deputado provincial Xosé Lois Jácome, mantivo onte unha xuntanza co alcalde de Cangas Xosé Manuel Pazos e o edil de urbanismo Mariano Abalo.
Por o 20/04/2017 | Sección: Cangas,Deputación de Pontevedra,Emprego,Galicia,Marea Vigo,Vigo
X.L Jácome: “É inaceptable que a Deputación de Pontevedra pague o SMI ás traballadoras do plan de emprego”

Na reunión, o deputado foi informado do funcionamento deste ‘plan de emprego’ na vila de Cangas; onde a Deputación desembolsa 200.000€ mentres que o concello ten que aportar 140.000€ para equiparar os soldos das novas traballadoras coas que xa están contratadas polo concello; para Jácome unha situación indignante, pois “estamos a falar de que unha institución pública contrata polo soldo mínimo interprofesional, sen ter en conta os convenios do gremio de tales postos”. Ao parecer do deputado provincial, tería que ser a Deputación a que sufragase os gastos de persoal con soldos dignos, e non forzar aos concellos que son lóxicos coas súas políticas, a desembolsar en situacións límite, grandes partidas de cartos que non teñen. Cangas, a custa deste problema, só vai poder contratar a 29 persoas en lugar das 35 que lle ofrecía a Deputación, xa que só así é quen de complementar o soldo ás persoas contratadas mediante este plan de emprego.

Ademais hai serias dúbidas da legalidade da contratación de persoal polo SMI para facer as mesmas funcións que outras traballadoras que cobran según convenio. A coalición SON a través das candidaturas municipais instará aos sindicatos nos concellos e a inspección laboral a actuar onde se considere que se estean a vulnerar os dereitos das traballadoras.

Non é admisible que as administracións públicas participen na precarización das condicións das traballadoras a imaxe da empresa privada.

Por outra banda, Pazos alertou a Xosé Lois Jácome da falta da variábel ‘turística’ nas concesións deste tipo de axudas; pois os concellos declarados como turísticos -onde se atopa o caso de Cangas- triplican os seus gastos durante a época estival; xa que no caso da vila morracense, tamén se triplica o volume de poboación. A SOGAMA se lle paga o dobre en agosto que en novembro, e isto deixa ver a demanda importante de servizos que teñen ditas vilas turísticas. O alcalde reclama que se teña en conta esta variable, ou propón unha alternativa á Deputación de Pontevedra; firmar un convenio específico de apoio ós concellos turísticos catalogados como tal no DOG, que serían Baiona, Mondariz Balneario, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Tui, Poio, Cangas, A Guarda, Nigrán e Vilagarcía de Arousa. Non considera a Deputación que municipios como Cangas teñen que limpar até 38 praias no verán, así como os desperdicios que provocan triplicar a poboación desta vila mariñeira; o que implica contratar a persoal de servizos, como socorristas, auxiliares de policía ou persoal de limpeza.

O deputado provincial, estudiará as fórmulas previstas para poder levar estes temas á Deputación de Pontevedra.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.