Xa está dispoñible o moedeiro virtual para os abonados do RC Celta

Publicado por o día 18/09/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

Xa está dispoñible o moedeiro virtual para os abonados do RC Celta

Desde este fin de semana o moedeiro virtual do RC Celta poderá ser usado polos abonados que elixiron esta modalidade de reembolso parcial da tempada anterior. O moedeiro será enviado vía email a cada un dos abonados co seu correspondente importe. Estará listo nas próximas horas para poder realizar compras na tenda online do club shop.rccelta.es.

Primeiro e segundo equipamento, roupa de paseo, polos, pezas de adestramento, complementos como bolsas de deporte, bufandas, mochilas ou máscaras… Decenas de produtos customizados coa imaxe oficial do club para vestir as cores RC Celta a un só clic. Goza de todos eles e recíbeos comodamente na túa casa. Lembra que se prefires poderás recollelo na nosa tenda física de Abanca Balaídos.

O club quere reiterar o agradecemento a todos os abonados que optaron por seleccionar a opción do moedeiro virtual para xestionar a devolución da parte proporcional do seu abono, colaborando desta maneira nesta complicada situación económica.

Para máis información pica aquí

Se tes algunha dúbida podes contactar connosco sempre a través de Escoitamos entrando en escoitamos.rccelta.es .

Comentar noticia

Your email address will not be published.