Xa loce o tranvía na contorna dos xardins da Praza do Emigrante

Por o 19/05/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Xa loce o tranvía na contorna dos xardins da Praza do Emigrante

A compañía Vitrasa adquiriuno en Zaragoza a un coleccionista zaragozano o 5 de Julio do pasado ano e o cedia ao Concello para que o emprazará nalgún punto estratéxico da cidade. E se nun principio esta localización era “secreta”, a práctica culminación do proxecto de remodelación, levouno a “viaxar” ata os xardíns da Praza do Emigrante ás 12horas da mañá, en Coia, onde se localizaban as antigas cocheiras dos tranvías. Alí trasladouse goberno local mentres os operarios colocaban o coche dandolles os últimos retoques.

Vitrasa e o Concello conmemoran o cincuenta aniversario do último tranvía coa musealización dun coche portugués, para disfrute de todos os vigueses e viguesas! A semana que ven poderedes visitalo de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

“Houbo que restaurar practicamente todo, non sei cambiou nada do orixinal fóra dos dous perfís, que ao ser de madeira estaban moi esnaquizados e eran insalvables”, narraba Villarino mentres explica que aínda restan un par de retoques finais no seu interior. “Colocaremos as luces e un par de detalles máis pero traballouse moito nel; restauráronse as xanelas, os cristais, desmontáronse as máquinas e reutilizamos o pantógrafo”, especifica.

O certo é que se xa por fóra impresiona -e respecta tamén as cores branco e vermello que vestían os tranvías da cidade- a súa verdadeira beleza está no interior. A madeira é protagonista indiscutible respectando todos os detalles da época.

Aínda que houbo moitas criticas na social media xa que o que adquiriu Vitrasa non se corresponde con ningún dos modelos que circularon pola cidade olivica, estas criticas iban acompañadas desta imaxe que se fixo un tanto viral cando foi presentada polo alcalde e Regades.

Cabe sinalar que non houbo ningún tranvía co número 18 que pasese por Peniche nin foi ese modelo así o manifesta a veciñanza de Vigo rotundamente.

Fotos do evento de hoxe

2 Respuestas a "Xa loce o tranvía na contorna dos xardins da Praza do Emigrante"

  1. Gamela   19/05/2019 at 23:17

    Vigo Kitsch. Significa ‘estética caracterizada por la mezcla de objetos heterogéneos pasados de moda y que se consideran de mal gusto’

    Barcos en rotondas, Dinosetos, Árboles de Navidad, Tranvías de Jueguete… https://flic.kr/p/SBYs9E

    Responder
  2. Wesley Ramires   21/05/2019 at 14:36

    O mellor do artigo son as fotos, sen dúbida. Esa vestimenta casual de Caballero, Silva e Regades para encubrir unha inauguración expresamente prohibida pola lei electoral é outra tomadira de pelo. Pretenden facer ver que simplemente pasaban por alí, no seu paseo dominical. O look “cani” de Regades é impagable.

    Por outra banda, non entendo cal é a finalidade de artigos coma este, xa que ainda que se critica o feito de colocar con fins electoralistas un antigo tranvía portugués nun espazo público, ao publicar este tipo de noticia e ainda máis coas fotos do alcalde e concelleiros, non se está facendo outra cousa que darlle publicidade aos seus actos populistas.

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.