Xabier Gómez e Alejandro de León gañan os torneos de xadrez celebrados a fin de semana no campus

O Edificio de Ferro tamén acolleu Copa Deputación na modalidade lóstrego

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acolleu esta fin de semana dúas citas de xadrez nas que a organización correu a cargo do Club Universitario de Ourense de Xadrez. Trátase do Torneo Activo Campus Ourense 2018, que gañou Xabier Gómez, e da Copa Deputación na modalidade lóstrego, que gañou Alejandro de León.

A primeira das citas foi a competición provincial, que tivo lugar o sábado día 13 de outubro. A Copa Deputación na modalidade lóstrego disputouse polo sistema suízo a sete rondas cun total de 80 participantes. O campión do torneo foi Alejandro de León, do Xadrez Ourense, seguido de César Pérez, do Universitario de Ourense, e en terceiro lugar Salvador Rey, do Xadrez Ourense. A campioa feminina foi Elvira Jing Negreira, do Xadrez Ourense.

A segunda das competicións foi o Torneo Activo Campus Ourense 2018, celebrado o domingo 14 de outubro. A competición disputouse polo sistema suízo a seis rondas cun total de 52 participantes. O campión foi Xabier Gómez, do Xadrez Benchoshey, seguido de Marcos Lorenzo, do Liceo de Ourense, e en terceiro lugar Martín Boado, do Círculo Chantadino. A campioa feminina foi Pura Diéguez, do Xadrez Benchoshey.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM