Xabier P. Igrexas: “É difícil entender o motivo polo cal os nenos e as nenas non van poder merendar na praia”

A fronte nacionalista interpelará o Goberno municipal na Comisión Informativa de Medio Ambiente para que explique en que argumentos científicos e sanitarios basea a proposta de prohibir comer nos areais da cidade.
Publicado por o día 22/06/2020 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

Xabier P. Igrexas: “É difícil entender o motivo polo cal os nenos e as nenas non van poder merendar na praia”

Após o anuncio do alcalde de que nunha presunta nova ordenanza do uso dos areais o Goberno municipal pretende prohibir, para alén de fumar en todas as praias da cidade tamén o consumo de alimentos, o BNG fixo público esta mañá que interpelarán sobre esta cuestión na vindeira sesión da Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello de Vigo, que se celebrará esta semana.

Para o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, a prohibición de comer nos areais é unha decisión “insólita” e demandou coñecer cales son os motivos científicos e sanitarios que xustifiquen esa restrición. “É difícil entender o motivo polo cal os nenos e as nenas non van poder merendar na praia”, apuntou Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista entende que estamos diante dun novo “anuncio disparatado” e unha “ocorrencia sen ningún tipo de base científica”. Emporiso, enfatizou na necesidade de que o Goberno local explique en que pretende basear esa prohibición.

“Non se pode gobernar a cidade a golpe de ocorrencia e de querer dicir algo para engordar o ciclo de noticias con algún titular vistoso”, remachou Igrexas.

O alcalde négase a contestar

Para a fronte nacionalista a negativa de Abel Caballero a dar ningunha explicación ao ser interpelado, ao fío do manifestado polo seu concelleiro, polos medios de comunicación na rolda de prensa deste luns sobre a prohibición de comer nos areais, é unha demostración palpábel da falla de argumentos que sosteñan esa “arroutada”.

“Caballero limitouse a reiterarse no seu relato delirante no que, segundo el, o BNG non ten concelleiro en Vigo a pesar de que o voto de 8500 viguesas e vigueses elixíronme como tal hai pouco máis dun ano, en lugar de explicar os motivos da súa decisión. É claro que o alcalde está completamente fóra da realidade”, lamentou Igrexas.

Una respuesta para "Xabier P. Igrexas: “É difícil entender o motivo polo cal os nenos e as nenas non van poder merendar na praia”"

  1. Guillermo   23/06/2020 at 16:22

    Mira que no me caía mal, pero cada día va a peor, a ver, Sr Alcalde, resulta que no pueden comer los niños en la playa pero si va a poner zonas de fumadores, mire cuando prohíba cagar a las gaviotas entonces puede prohibir que se coma en la playa, esas cagadas también pueden tener virus, ( no tengo argumentos científicos) .

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.