Xabier P. Igrexas: “Queremos facer de Vigo unha cidade de iguais, con políticas radicalmente feministas para converternos nun territorio libre de machismo”

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, enfatizou o compromiso feminista do seu proxecto de cidade nun acto público realizado no Calvario.
Publicado por o día 11/05/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

Xabier P. Igrexas: “Queremos facer de Vigo unha cidade de iguais, con políticas radicalmente feministas para converternos nun territorio libre de machismo”

Despregar políticas radicalmente feministas para facer de Vigo unha cidade de iguais e un territorio libre de machismo. Esa foi a proposta que hoxe destacou o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, desde un acto público que realizou esta mañá no Calvario acompañado por boa parte da súa candidatura para o 26M.

“O feminismo non pode ser declarativo. O feminismo ten que demostrarse con feitos e hoxe vemos como as políticas de igualdade retrocederon como nunca na nosa cidade. Non podemos permitir que o Concello de Vigo siga gastando máis en atencións protocolarias que nas campañas de sensibilización contra as violencias machistas”, defendeu o candidato nacionalista.

O Bloque aposta en incorporar a perspectiva de xénero de maneira “transversal e efectiva” en todas as áreas de actuación municipal. No concreto, a fronte nacionalista propón a posta en marcha de 2 novos Centros de Información ás mulleres, no Calvario e en Coia, así como ampliar e reformular o Centro de Emerxencia para atender “como merecen todas as mulleres vítimas de violencia machista”. Tamén promoverán a dinamización da Casa das Mulleres para convertela “nun motor de igualdade que tinga a cidade de lilá”.

“O Concello ten un enorme potencial para despregar políticas que aposten pola igualdade efectiva e real confrontando o machismo en todas as súas dimensións”. Emporiso, Igrexas defendeu como “imprescindíbel que o BNG regrese con forza ao Concello” para comezar a traballar na promoción da igualdade, na transversalidade das políticas, na promoción no ámbito da vida económica e no emprego, na loita contra a violencia, ou no respecto á diversidade.

“O Bloque queremos volver facer que Vigo sexa un referente en políticas de igualdade, como foi no pasado con políticas punteiras en Galiza e no Estado, pero para iso é necesario dotar máis medios e actuacións concretas no ámbito da sensibilización, da educación pero sobre todo, na atención das mulleres”, acrecentou o Igrexas.

Barrios e parroquias

O candidato nacionalista participará esta tarde, a partir das 19h, nun acto público en Teis, no que trasladará a veciñanza o compromiso do  Bloque con “atender toda a cidade e non só o centro do casco urbano”. Igrexas debullará en Teis algunhas das súas principais propostas en materia de participación social e transporte urbano, coas que se propón volver “revolucionar en positivo a cidade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.