Xabier P. Igrexas: “Unha ‘Noite Branca’ non chega, hai que sacar os museos de Vigo da penumbra o resto do ano”

O BNG denuncia a insuficiencia dos horarios de apertura, a falla de impulso na programación de exposición e actividades e os recortes en seguridade e vixilanza na Rede Museística da cidade.
Publicado por o día 15/08/2020 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

Xabier P. Igrexas: “Unha ‘Noite Branca’ non chega, hai que sacar os museos de Vigo da penumbra o resto do ano”

Após da realización onte dunha nova edición da denominada ‘Noite Branca’ non museos de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego volveu demandar medidas para impulsar a Rede Museística da cidade.

“Unha ‘Noite Branca’ non chega, hai que sacar os museos de Vigo da penumbra o resto do ano”, valorou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Igrexas criticou que as únicas decisións adoptadas no último ano polo Goberno municipal foran “enterrar o proxecto do Centro Galego de Fotografía para o.converter nun grande despacho para  a presidenta da Deputación” e o recorte nos servizos de seguridade e vixilanza dos museos coa supresión dun terzo dos postos.
O portavoz municipal nacionalista reiterou a urxencia de desenvolver o Plan de Musealización para que a Rede Museística de Vigo “deixe de ser apenas un logotipo e se convirta nunha realidade efectiva”.

No concreto, as nacionalistas demandan a ampliación dos horarios de apertura “raquíticos”, un maior esforzo na programación expositiva e na organización de actividades divulgativas, e a procura dunha maior visibilización da contribución das mulleres á arte.

Aliás, instan a que se redefina o proxecto museístico do Verbum, para que deixe de ser un “contendor sen contido” e desenvolver todas as súas potencialidades. A fronte nacionalista defende tamén que se poña en marcha un proxecto para abrir na cidade un museo da emigración. “Vigo como Porta do Atlántico de toda Galiza ten todas as condicións para ser sede dun museo que aborde a realidade histórica de emigración galega”, explicou Igrexas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.