Xabier P. Igrexas: “Vigo está saturada de grandes áreas comerciais en proceso de desertización”

O concelleiro do BNG oponse ao proxecto dun novo macrocentro comercial de 40 mil metros cadrados en Cruceiro (Alcabre) e rexeita que teña ningún “interese xeral”, como defende o Goberno municipal.
Por o 03/07/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Vigo
Xabier P. Igrexas: “Vigo está saturada de grandes áreas  comerciais en proceso de desertización”
Compartir en:

Tras coñecerse a autorización de Urbanismo para que se  poida promover a construción dun novo macrocentro comercial no ámbito de Cruceiro, na parroquia de Alcabre, o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexa expresou esta mañá á súa oposición ao proxecto.

“A cidade xa está saturada de grandes áreas comerciais en proceso de desertización”, advertiu o portavoz nacionalista. A este respeito lamentou que o Goberno municipal do PSOE volva insistir en apoiar un modelo que xa se ten demostrado “rotundamente fracasado” noutras cidades. “O que vemos é como cando se abre un novo centro, as tendas trasladanse fechando no que xa estaban. Basta percorrer os centros comerciais existentes na cidde para ver cantos locais fecharon”

“A proliferación de grandes centros comerciais non só non crea máis economía, nin emprego, senón que destrúe o pequeno e mediano comercio que é quen vertebra a cidade, dinamiza os barrios e crea emprego estábel”, explicou Igrexas. “A diferenza entre as cidades-dormitorio e as cidades habitábeis radica precisamente no tecido comercial
local, diversificado, descentralizado e de proximidade”, acrecentou.

Falla de interese xeral
Desde o Bloque discrepan que o proxecto de Cruceiro-Alcabre teña ningún tipo de interese xeral, como argumenta o Goberno municipal para evitar que se someta a unha máis completa avaliación ambiental.

“Ceder unha faixa de rúa de 30 metros non xustifica un verdadeiro interese xeral. É máis ben a coartada para acelerar e facilitar a posta en marcha do proxecto”, retrucan.

Apoio ao pequeno e mediano comercio

Fronte a aposta por un “modelo especulativo, de pelotazos coa construción dos centros máis que coa súa actividade comercial”, o BNG urxe un maior e permanente apoio ao comercio local e a dinamización dos mercados municipais.

“Detrás destes grandes centros quen adoitan estar son corporacións transnacionais ou fondos especulativos, que en nada van beneficiar o tecido produtivo desta cidade nin deste País, e que só contribúen a concentrar a oferta comercial e a precarizar as condicións laborais no sector”, sostén Igrexas. Emporiso, o nacionalista volveu demandar que se aplique unha moratoria de dez anos na concesión de novas licenzas para este tipo de estabelecementos.

Una respuesta para "Xabier P. Igrexas: “Vigo está saturada de grandes áreas comerciais en proceso de desertización”"

  1. Gamela   04/07/2019 at 0:30

    qué triste papel lle reserva o BNG a este rapaz…
    mentras na Deputación César Mosquera admite que as deputacións son tinglados obsoletos e senta á dereita de Carmela Silva…

    o concelleiro NON adscrito vai ter que falar só durante 4 anos !
    Case mellor que lle faga a pelota ao alcalde e igual lle pón un chalete en Toralla !!!

    https://www.flickr.com/groups/vigodenuncia/

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.