Xabier Pérez Igrexas abandona o pleno extraordinario convocado para aprobar as propostas de Vigueses Distinguidos e a Medalla da Cidade

A formación solicitaba recoñecer ao colectivo de música rap ‘La Insurgencia’
Publicado por o día 10/07/2020 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

Xabier Pérez Igrexas abandona o pleno extraordinario convocado para aprobar as propostas de Vigueses Distinguidos e a Medalla da Cidade

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, abandonou hoxe o pleno extraordinario convocado para aprobar as propostas de Vigueses Distinguidos e a Medalla da Cidade. Unha decisión que tomou despois de que se vetase a súa proposta para que un deses recoñecementos fose para o ‘La Insurxencia’, o colectivo de raperos no que doce dos seus membros foron condenados a seis meses de cárcere por un delito de enaltecemento do terrorismo.

O alcalde, Abel Caballero, subliñou que «a norma» establece que os grupos poden facer as súas propostas de forma proporcional á súa representación na corporación, polo que considerou que o edil nacionalista non pode facer ningunha ao tratarse dun «concelleiro non adscrito, unha persoa singular». Xabier Pérez Igrexas abandonou a sala a continuación.

Finalmente, as propostas para Vigueses Distinguidos -Julio Picatoste, Carlota Corredera, Iván Álvarez, Club Peña Trevinca, Alejandro Gómez, Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, forzas de seguridade e 17 centros educativos con 50 anos ou máis na cidade-, saíron adiante cos votos de PSOE e PP e a abstención de Marea de Vigo.

Si que houbo unanimidade na concesión da Medalla da cidade ao colectivo sanitario pola súa resposta ante a pandemia.

O video do momento

Abel Caballero amordaza as e os Viguesas/es Distinguidas/os 2020

Abel Caballero amordaza as e os Viguesas/es Distinguidas/os🏅 deste ano cun veto antidemocrático á proposta do BNG Vigo de recoñecer o traballo ao grupo de apoio de ‘La Insurgencia’. #PlenoVigo

Publicada por BNG Vigo en Viernes, 10 de julio de 2020

Comentar noticia

Your email address will not be published.