Xaquín Pastoriza presenta a súa candidatura, Vigo en Movemento, para a secretaría xeral de Podemos Vigo

Pastoriza chama á romper co continuismo que ailla a Podemos Vigo da vida política da cidade, recuperar o espírito das folgas xerais da cidade cun programa de ruptura e levantar unha alternativa seria a Caballero
Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Galicia,Podemos,Política,Vigo

Xaquín Pastoriza presenta a súa candidatura, Vigo en Movemento, para a secretaría xeral de Podemos Vigo

Xaquín Pastoriza presentou hoxe sábado ás 12 da mañá a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Vigo e desvelou as súas principais liñas de campaña. Pastoriza chamou a rachar co continuismo que afastou aos sectores máis dinámicos da organización. Apostou por romper co Podemos dos espectáculos públicos na prensa, dos personalismos, dos cotilleos, así como co Podemos que dificulta a participación da xente e a relación con outros espazos, “rebaixando o programa orixinal para homologarse sen resultado algún”.

Pastoriza fixo énfase en que Vigo é unha cidade especial. “A pegada da crise capitalista pegou forte na cidade, pero contamos cunha forte tradición e espírito de loita para facerlle fronte”. Pastoriza vai apostar por un Podemos que se empape desta tradición de loita de Vigo para erguer unha alternativa a Caballero “menos rir del, menos continuismo, menos arrogancia e frases baleiras e máis pensar, organizar, estar na rúa”. Esta alternativa pasa, segundo el, porque chegue por fin a Vigo a forza completa das mareas municipais, “por seren unha forma plural e a única capaz de gañar alcaldías como vimos no 2015. De non facelo estarían asegurando 4 anos máis de caballerismo”.

Pastoriza reinvinidcou a súa traxectoria política e a súa labor de docente como a bagaxe que pode ofrecer a Podemos. Afirma que a súa militancia estudantil contra á LOU, contra a Guerra de Irak, contra a catástrofe do Prestige o 15M ensiñáronlle que o cambio ven do conflicto e da movilización, e tamén a traballar en común coutras forzas. Finalmente, asegura que ao ser profesor de Historia ten claras dúas cousas, “que a xente sempre loita incluso nas situacións máis difíciles, pero que as oportunidades na Historia, de non aproveitalas pasan. O crecemento da extrema dereita en Europa é a primera advertencia. Ou nos poñemos serios ou volveran tempos escuros”.