A Xefatura Territorial deixa sen profesorado especialista a varios centros educativos do Condado – A Parranda

A federacion de ensino de CCOO denuncia o incumprimento dos catálogos dos postos de traballo de centros educación infantil e primaria
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de CC.OO,Educación,Sindicatos

A Xefatura Territorial deixa sen profesorado especialista a varios centros educativos do Condado – A Parranda

A Federación de Ensino de CCOO, ven denunciando ano tras ano o incumprimento sistemático da Xefatura Territorial en Pontevedra da Consellería de Educación, Universidade e FP do catálogo de postos docentes de traballo publicados no DOG nos centros educativos de infantil e primaria da provincia de Pontevedra, conformación que ven recollida no Acordo de 8 de xuño de 2007 de
cadros de persoal entre a Consellería de Educación e as Organizacións Sindicais. Tal acordo, que noutras provincias é cumprido de modo escrupuloso, establece os cadros de persoal en función
do número de unidades de cada centro.

É especialmente chamativo este incumprimento e os recortes de profesorado nos centros da provincia. Exemplos de tales recortes son o CPI de Mondariz, o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé de As Neves, o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente ou o CEIP de Leirado ou o CEP Carlos Casares de Salvaterra do Miño.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra no canto de dotar aos centros coas vacantes necesarias establecidas no catálogo de postos de taballo publicado no DOG incumpre e priva ao alumnado dos especialistas necesarios.

Desta forma o CPI de Mondariz e o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé de As Neves son privados de vacantes a tempo completo de mestre de lingua inglesa que figuran no catálogo. No CPI de Mondariz en lugar de nomear a un docente de lingua francesa para impartir as materias optativas desta lingua, envíase un docente de educación primaria. No CEIP de Leirado e o CEP Carlos
Casares de Salvaterra carecen do especialista de música que lles corresponde a cada centro polo seu catálogo, finalmente o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente non conta con especialista
de Educación Física a tempo completo, a pesar de tamén atoparse catalogada esa praza.

Igualmente a Federación de Ensino de CCOO denuncia recortes no Ensino Secundario, caso do IES Pazo da Mercé de As Neves no canto dun docente de linguas clásicas.

A Federación de Ensino de CCOO esixe á Xefatura Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra que dote inmediatamente a estes centros co persoal necesario para poder desenvolver o seu labor docente e educativo e que se revirta a dinámica actual na que a provincia de Pontevedra é a provincia onde se leva a cabo, ano tras ano, un maior número de recortes de aulas e profesorado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.