A xerencia do Hospital Alvaro Cunqueiro “por fin” decide dotar ao servizo de urxencias cun servizo de raios, aínda que con máis dun ano de retraso

CCOO xa solicitara que se acometera a medida hai máis dun ano como resultado dun estudo feito polos celadores do servizo de urxencias
Publicado por o día 25/01/2017 na sección de Sanidad,Sindicatos,Vigo

A xerencia do Hospital Alvaro Cunqueiro “por fin” decide dotar ao servizo de urxencias cun servizo de raios, aínda que con máis dun ano de retraso

Despois de ano e medio de funcionamento do Hospital Álvaro Cunqueiro e do servizo de urxencias, semella que o xerente da EOXI, o Sr. Rubial descubre a necesidade de que dito servizo conte cun servizo de Raios X.

Nin o anterior xerente Maio González, nin o actual Felix Rubial, nin o coordinador de urxencias Luis Amador, aprobaron a petición que fixo CCOO despois dun estudo dos celadores. O estudo analizaba que, coa carga de traballo similar, as probas de RX que se facían no Hospital Xeral e Meixoeiro, no Hospital Álvaro Cunqueiro farían que aproximadamente os celadores tiveran que faceer o dobre de kilómetros si o servizo de Rx se ubicaba fora do servizo de urxencias. Concretaban que cun servizo de RX en urxencias os celadores-as farían 68,2Km ás 24 horas e fóra de urxencias 132,95Km, é dicir, perdíamos recursos efectivos polo empecinamento dalgún. Os celadores tamén son penalizados a trasladar a maior parte dos ingresos á parte oposta a ubicación de urxencias.

Agora, con máis dun ano de retraso, decátanse da realidade e farán as obras que suporán incomodidades e gastarán os cartos. Ambas cousas podían terse evitado como tantas outras se contaran cos traballadores. De todos os xeitos, CCOO congratúlase si ao final arranxan o problema e se colgan a medalla, ainda que con sobrecustes innecesarios e evitables.