Xestación dun delito de prevaricación urbanística por parte do Concello de Vigo

Publicado por o día 14/12/2013 na sección de Vigo

Xestación dun delito de prevaricación urbanística por parte do Concello de Vigo

    Dende ANOVA Vigo denuncian a xestación dun delito de prevaricación urbanística por parte do Concello de Vigo,en concreto do seu Alcalde Abel Caballero e da Concelleira de Urbanismo Carmela Silva, no desenrolo do ámbito de Liñeiriños,onde pretende instalarse Porto Cabral.

  Enténdese que o desenrolo do ámbito de Liñeiriños ten que seguir un procedemento legal no que o Concello de Vigo expropiaría, se procede, os terreos obxeto do ámbito para despois elaborar o pliego de condicións correspondente, onde se fixen as condicións do concurso público de adxudicación de dito desenrolo, lembramos que a adxudicación ten que ser por concurso público.

  Por outra banda, dende Anova non entenden que o Concello de Vigo non teña en consideración a votación en contra dos comuneros, que rexeitaron a implantación deste complexo no monte de Cabral, e actue na sua contra cunha máis que dubidosa connivencia e apoio dunha xunta rectora da Comunidade de Montes de Cabral,que tamén goza da oposición dos comuneiros.

   ANOVA Vigo, a través do seu Coordenador Francisco Riveiro, explica a continuación que:

 Despois das informacións, verquidas nos medios de comunicación, das reunións mantidas entre concello de Vigo e Eurofund, todo indica que ámbalas duas partes están traballando na elaboración conxunta dun concurso público de adxudicación directa e a medida no que figura como única adxudicataria a empresa Eurofund.

 Cando menos,esta empresa, está obtendo información privilexiada a cal non teñen acceso outras empresas que decidan presentarse a concurso. Remarcan de novo, que tales feitos indican a posible comisión dun delito de prevaricación urbanística polos cales, dende ANOVA, pedirase a Fiscalía que abra unha investigación o respecto desta situación e das irregularidades que se están cometendo.

PRENSA ANOVA VIGO