A Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro domingo 17 de setembro na praza da ETEA, a XII festa veciñal de Teis. Este vai ser o terceiro ano consecutivo que celebramos esta festa na praza da ETEA.
A festa naceu fai doce anos, co obxectivo de ser unha xornada de convivencia da veciñanza e dar a coñecer a labor da asociación en Teis.
A decisión de celebrar a festa na ETEA, non é casual, pretendemos por en valor este espazo e denunciar o abandono destas instalacións por parte da Xunta e do Concello de Vigo.
Como en anos anteriores temos unha xornada completa de actividades (xantar, música, contacontos, exposición, inchábeis).
Aqueles/as veciños/as que queiran participar no xantar deben anotarse previamente até este venres 15 de setembro. O prezo do xantar para os/as socios/as é de 20 euros e para os non socios/as é de 26 euros. O menú será: empanada, polbo, carne ao caldeiro,viño branco e tinto, sobremesa e café.
Este ano como novidade temos a exposición e os obradoiros de ” Mergúllate no Océano” do Campus do Mar, Universidade de Vigo.
PROGRAMA
· 12:30 horas. Grupo folclórico e pandeiretas “ Anaquiños “
· 14:00 horas. Xantar
· 17:00 horas. Exhibición Zumba
· 17:30 horas. Airiños do Mar de Teis
· 19:00 horas. Garatuxa
· 20:00 horas. Grupo acordeóns do C.V.C de Valadares
ACTIVIDADES INFANTÍS
· 17:30 horas. Contacontos.
· 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Inchábeis