XIII torneo Concello de Cangas de tenis de mesa

Publicado por o día 15/09/2017 na sección de Cangas,Deportes,Galicia

XIII torneo Concello de Cangas de tenis de mesa

Un ano máis, o Club Cinania TM celebra a súa XIII Edición do Torneo Concello de Cangas de Tenis de Mesa. Por iso, tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude de Cangas un acto de presentación do evento. Acto no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón Iglesias e membros do Club Cinania T.M.

A competición, que terá lugar os días 16 e 17 de setembro no Pavillón Municipal de Romarigo, transcorrerá en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e nel participarán preto de 120 palistas.

No evento competirán deportistas en categoría BENXAMÍN (mixta) – INFANTIL (mas) / XUVENIL – SUB-23 (mas fem) / VETERÁNS (+ 40 / + 50) / ABSOLUTO (mas-fem) / CAMPIONATO GALEGO DISCAPACITADOS INTELECTUAIS, achegados dende diferentes puntos da xeografía galega e portuguesa.

A competición está organizada polo Club Cinania T.M., supervisada pola Federación Galega de Tenis de Mesa e conta co patrocinio da Concellaría de Deportes de Cangas.