XIV Festival Coral de Música Sacra na memoria de Xulio Mosquera

Este sábado, 6 de abril, comeza a décimo cuarta edición do certame que se celebra nas diferentes igrexas de Vigo.
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

XIV Festival Coral de Música Sacra na memoria de Xulio Mosquera

Coa colaboración do Concello de Vigo, o XIV Festival Coral de Música Sacra que organiza a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo está dedicado á memoria de Xulio Mosquera González, home que adicou a súa vida ao mundo coral. O festival contará cun total de 18 concertos ata o 22 de abril.

Sábado 6 de abril. Ás 20:15 h, Santuario de María Auxiliadora – Coro Clásico de Vigo.

Xoves 11 de abril. Ás 19:30 h na Igrexa Parroquial de Santiago de Vigo – Coral Polifónica María Auxiliadora. Ás 19:30 h na Igrexa Parroquial da Soidade (O Castro) – Coro Clásico de Vigo. Ás 20:00 na Igrexa S. Francisco Xabier – Coral Polifónica Vivace da AECC , Coral Polifónica San Pedro de Domaio e Coral Polifónica da SCDR Helios de Bembrive. Ás 20:00 h na Igrexa Parroquial San Ignacio (Teis) – Coral Polifónica de Teis. Ás 20:30 h na Igrexa Parroquial Nosa Sra. Do Carme (Travesas) – Coral Polifónica Enarmonía.

Venres 12 de abril. Ás 19:30 h na Igrexa de Santiago de Vigo – Coro do Colexio de Avogados de Vigo. Ás 19:45 na Igrexa Parroquial da Soidade (O Castro) – Coro de Cámara Rías Baixas.
Ás 20:30 h na Colexiata Santa María de Vigo – Coral Polifónica do Centro Social Rivera Atienza e Coral Polifónica ARS Vocalis de Coia. Ás 20:30 h na Igrexa Parroquial Dos Padres Capuchinos – Coral Polifónica da SCDR Helios de Bembrive e Coral Polifónica María Madre del Buen Pastor.

Sábado 13 de abril. Ás 20:00 h na Igrexa de Santiago de Vigo – Coro Clásico de Vigo. Ás 20:45 h na Igrexa Parroquial Nosa SRA. das Neves (Teis) – Coral Polifónica San Esteban de Redondela e Coral Polifónica de Teis. Ás 20:45 na Igrexa Parroquial do Perpetuo Socorro – Coral Polifónica Amadeus. Ás 21:00 h na Igrexa Parroquial Santa Eulalia de Alcabre – Coro Apóstol Santiago & Ureca e Coral Polifónica Perla do Atlántico de Alcabre.

Luns 15 de abril. Ás 20:30 h na Igrexa Parroquial do Corazón de María – Coral Polifónica Rosalía de Castro do Colexio Médico.

Martes 16 de abril. Ás 20:00 h na Igrexa Parroquial Santa Cristina de Lavadores – Coral Polifónica da SCD Atlántida de Matamá e Coro Lembranzas Galegas da AVCD de Lavadores.

Domingo 21 de abril. Ás 19:00 h na Igrexa Parroquial de San Miguel de Oia – Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns e Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia.

Luns 22 de abril. Ás 20:00h na Igrexa San Martín de Coia (r/ Grove) – Coral Polifónica Pastora Freixeiro e Coral Polifónica de Teis.