Xoán Carlos González, afirma que o goberno de Javier Bas, “nunca permitíu aportacións no Proxecto da Avenida de Vigo”

Publicado por o día 27/04/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela,Vigo

O edil do BNG afirma que a presentación ao Consello Parroquial de Chapela destas obras, foi a posteriori de seren adxudicadas, con moi limitadas posibilidades de poderen presentar aportacións.

Segundo Xoán Carlos González, “o goberno de Javier Bas ninguneou ao Consello Parroquial, para que este poidera presentar propostas antes de que se publicitaran e licitaran as obras”, cualificando esta actitude de obscurantista “O único que fixeron foi un dar conta do que se iba a levar a cabo. Cando xa a obra estaba adxudicada, non se podían facer grandes aportacións”, sinala.

Recorda como o Proxecto foi presentado na precampaña das autonómicas, e non foi levado ao Consello, ata xaneiro do 2017. “Nese momento, as aportacións dos coleitivos e as modificacións podían ser mínimas, demonstrando a actitude de desprecio ante o, Apunta o concelleiro nacionalista, que en decembro solicitaron unha convocatoria extraordinaria do Consello Parroquial para informar aos coleitivos parroquiais, iniciativa que o goberno de Javier Bas, negou.

“Para o BNG, a eliminación do tráfico pesado neste punto de Chapela, xunto á redución do tráfico rodado en vehículo particular, son pezas clave neste proceso. Ata agora non existe Proxecto para desviar os camións, e o PP en Compostela, nega a posibilidade de eliminar a peaxe para desviar o tráfico que pasa por esta parroquia”, destaca o concelleiro nacionalista.

Considera Xoán Carlos González que “detrás de todos esta estratexia asoma a incapacidade do goberno de Javier Bas, de prantexar unha verdadeira humanización dos espazos públicos de Redondela. A filosofía que debe substentar esta inversión económica e social, baséase no dereito dos cidadáns a ocupar as rúas”.

O concelleiro do BNG, salienta finalmente o feito de que Mari Carme Amoedo “ningunee” ao seu compañeiro e presidente do Consello Parroquial, Miguel Ángel Ballesteros, deixando ben ás claras quen manda verdadeiramente no goberno municipal de Redondela.