Xoán Carlos González afirma que “o goberno municipal actúa cínicamente coa accesibilidade na Praia de Cesantes”

Por o 24/03/2017 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela,Vigo
Xoán Carlos González afirma que “o goberno municipal actúa cínicamente coa accesibilidade na Praia de Cesantes”

O concelleiro nacionalista considera neglixente a xestión neste eido, ao renunciar ás subvencións convocadas para a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Baséase na súa crítica o concelleiro do BNG, posto que Redondela ou ben presentou unha proposta incorrectamente ou ben renunciou á liña de subvencións da dirección xeral de persoas maiores e persoas con discapacidade, convocadas en xullo do ano pasado.

Esta actitude neglixente por parte dos responsábeis municipais, levou a que o noso concello deixara de percibir fondos co fin de facilitar a accesibilidade”.

Resalta o concelleiro nacionalista que “se se tiveran presentado esta proposta, posíbelmente teríase recibido axudas, posto que nen sequerea se esgotou a partida de 900.000 euros adicadas a este fin”.

Na convocatoria de xullo de 2016, recollíase as bases para subvencións, con cargo a Fondos Europeos, de proxectos de mellora en espazos e servizos públicos, co fin de garantir a accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Hai xa varias semanas que o concelleiro nacionalista solicitou por escrito as pertinentes explicacións á concelleira de servizos sociais, Mari Carmen Amoedo, sen que se lle deran resposta ás súas demandas. Salienta Xoán Carlos González a “actitude cínica da concelleira de servizos sociais, posto que “no mesmo mes que renunciou a solicitar axudas de accesibilidade á Xunta de Galicia, invertía todos os seus esforzos en defender unha moción no Pleno de Redondela, para que se encarga desta xestión a Deputación Provincial”.

Para o concelleiro nacionalista trátase dunha nova mostra da neglixente xestión do goberno de Javier Bas, quen carece de proxecto, nin obxectivos para Redondela.