Xoán Carlos González afirma que “Javier Bas manipulou á comunidade educativa coa cuberta do Colexio Santa Mariña”.

Por o 01/03/2018 | Sección: BNG,Política,Redondela
Xoán Carlos González afirma que “Javier Bas manipulou á comunidade educativa coa cuberta do Colexio Santa Mariña”.

Na sesión plenaria do mes de xaneiro, representantes do goberno municipal de Redondela, recoñeceron que non iban a afrontar a construcción do patio cuberto do centro educativo, por seren competenza da Xunta. “Hai oito anos, esta demanda converteuse nunha das promesasa eleitorais que aupou a Javier Bas á alcaldía de Redondela. Comprometeuse a que o patio cuberon íbase a construír. Hoxe demóstrase que se tratou dun engano do Partido Popular á comunidade educativa, cando nunca tiveron vontade para facelo”, afirma o concelleiro do BNG.

A vella demanda da construcción da cuberta para o patio, co fin de que os máis de catrocentos alumnos e alumnas puideran disfrutar dun espazo de xogo, nos días de choiva, contou cun importante apoio social. Dende acordos asamblearios, recollida de ata 3.000 sinaturas, movilizacións ante a Xunta, tanto en Vigo como en Compostela, acordos plenarios. Daquela, o candidato Javier Bas recollera esta demanda, como promesa eleitoral. “Unha vez que chegou a alcaldía todo foron excusas, mesmo ameazas por considerar que a ANPA estaba politizada”, recorda o edil nacionalista.

Segundo o Xoán Carlos González “manipulouse e enganouse á comunidade educativa co único fin de apañar votos, para máis tarde desentenderse dos seus compromisos”. Considera que se está a castigar ás familias e alumnado por seren tan reivindicativo nunha proposta lóxica. “Agora recoñecen que nunca foi competenza do Concello, nin nunca tiveron vontade para construír o patio cuberto”.

Xoán Carlos González empraza a Javier Bas, a presionar ante a Xunta de Galiza, para que o patio cuberto do CEP Santa Mariña, sexa unha realidade. “O alcalde de Redondela, está obrigado a cumprir unha promesa de xa hai oito anos, ademáis de pedir perdón por teren enganado ao alumnado, familias e profesorado”, remata na súa nota.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.