Xoán Carlos González, considera “sectario” ao goberno de Javier Bas sobre o Festival de Títeres

Por o 19/05/2017 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela,Vigo
Xoán Carlos González, considera “sectario” ao goberno de Javier Bas sobre  o Festival de Títeres

“Rexeitaron apoiar unha moción sobre a creación do Obradoiro do Títere, únicamente por seren presentada polo BNG”. Buscábase consolidar o mundo do Títere na cultura de base de Redondela, ampliando a programación de actividades para o resto do ano.

“Con esta moción pretendíase consolidar unha programación ao longo do ano, tendo como protagonistas os títeres, quen poñen a Redondela na vangarda cultural do País”, declara o concelleiro nacionalista.

Transcurridos dezaoito anos dende que botou a andar o Festival Internacional de Títeres de Redondela, entenden dende o BNG, que se deberían dar pasos para a consolidación dun modelo cultural alternativo. Coa presentación da moción, pretendíase chegar a un acordo unánime da Corporación, para que o concello puxera en marcha obradorios formativos para o alumnado de Redondela; xestionar un espazo para o Museo do Festival de Títeres, como referente de creación e representación . A moción recollía, igualmente, que este Obradoiro servira de plataforma para a creación de compañías de Títeres en Redondela.

Considera Xoán Carlos González, que a posta en marcha desta moción, “era totalmente factible, a medio prazo, dándolle ao noso concello un plus cultural, que o goberno municipal está a desperdiciar”. Razoa o seu prantexamento, no importante pouso que deixa o traballo desenvolvido por Xente Titiriteira nestes anos.

Malia que os grupos da oposición estiveron de acordo en apoiar a moción dos nacionalistas, sobre o Obradoiro do Títere, a abstención do goberno de Javier Bas, “anula calquera tipo de iniciativa”, aclara. “Trátase dun claro exemplo de sectarismo co que actúa o goberno de Javier Bas, quen di non, ante unha iniciativa totalmente factible, prantexada polo BNG”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.