Xoán Carlos González demanda maior seguridade viaria no entorno de Cidadelle

Por o 13/09/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Xoán Carlos González demanda maior seguridade viaria no entorno de Cidadelle

O tráfico pesado cara ás obras de urbanización do novo colexio en Chapela, levaron ao concelleiro do BNG, a solicitar ao goberno municipal que melloren as condicións de seguridade viaria para os peóns. “A empresa constructora debe facer unha limpeza constante dos viais con fin de evitar arrastres de áridos aos regatos”.

As obras de urbanización da “Finca Ginaria” para a construcción do novo colexio, “non facilitan o paso para os e as viandantes que por esta zoa se desprazan a cotío”, segundo o edil nacionalista. O vial de Subida a Cidadelle, ata o Camiño da Bruxa, discurre por unha zoa dun importante desnivel. “Neste treito deberíase sinalizar un roteiro máis seguro para os peóns, pois teñen que esquivar á maquinaria e aos coches particulares que por el se circulan”, afirma

A forte pendente facilita que as choivas arrastren áridos, terra, partículas, “que finalmente acaban no río Maceira, polo que finalmente chegan ao mar”. Demandamos no escrito presentado ante o Concello, que o alcalde de Redondela se dirixa á empresa concesionaria para que a limpeza destes viais sexan constante e continuada.

Outra das peticións que cursan dende a organización nacionalista refírese a intersección da Avenida de Redondela coa Subida a Cidadelle. Neste punto conclúen varios viais, que coa importante intensidade de movemento de camións de grande tonelaxe, “supoñen que moitos viandantes sufran todo tipo de molestias. Para nós débese garantir a súa seguridade viaria, polo que demandamos que se sinalice un paso de peóns neste punto”, informa o edil nacionalista.

Algunhas destas medidas “prantexáronse no Parlamento Galego, vía Plan Chapela, para mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida da veciñanza deste entorno, rexeitadas polo Partido Popular. Daquela, os representantes veciñais foran expulsados do emiciclo”, recorda o edil nacionalista.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.