Xoán Carlos González, encabezará a candidatura do BNG de Redondela, ás eleicións municipais

Por o 05/08/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Xoán Carlos González, encabezará a candidatura do BNG de Redondela, ás eleicións municipais

A proposta contou co apoio unánime da Asemblea Local. Segundo o edil nacionalista: “Traballar polos intereses dos e das redondeláns, constitúe un aliciente político e persoal”.

O proceso de eleición de cabeza de candidaturas para as eleiciósn municipais que a organización nacionalistas vén desenvolvendo nas últimas semanas, tamén chegou a Redondela. Con tal motivo, en vísperas da celebración do Día da Patria, a Asemblea Local tomou a decisión de elexir a persoa que vai a ocupar o número 1 da lista.

Na valoración feita dende a Asemblea, tívose en conta “a traxectoria, a liña de traballo e o compromiso político que o compañeiro Xoán Carlos González, víu desenvolvendo nestes catro anos, como voceiro municipal do BNG”. As diversas propostas prantexadas ao longo do mandato, nas que destacaron a defensa dos intereses dos veciños e veciñas, xunto a un Proxecto de Concello, que prima os intereses colectivos, frente aos particulares, tamén pesaron na decisión.

Nas diversas intervencións, destacouse como “sendo voceiro don BNG, enfrentou con firmeza e determinación, mais tamén presentado alternativas ao goberno de Javier Bas”.

Para Xoán Carlos González, “a decisión asumida polo resto de compañeir@s, supón unha grande responsabilidade, pois que pensaran en min para defender un Proxecto, no que a veciñanza debe recuperar protagonismo, non é doado”.

O agora candidato nacionalista considerou ao goberno de Javier Bas “nocivo para a veciñanza. No noso concello vívese peor agora que hai oito anos, e iso malia todo un despregue propagandístico, que pretende agochar os principais problemas que afogan á veciñanza”. Afirma que “as fórmulas para pretender controlar, dende a oposición, ou vía regulamentos, ao goberno do PP certificouse como fracasada”.

Salienta o voceiro nacionalista diversos contactos con coleitivos e particulares que teñen prantexado a necesidade dun cambio en Redondela . “Dende o respeito ás diferentes forzas, estannos demando prantexar acordos de goberno. Aspiramos a que o BNG, asuma un papel moi destacado nese novo goberno que non queda máis remedio que chegue vía consenso”, afirma.

Para o candidato nacionalista, “a reversión social dos investimentos fuxindo da propaganda e os personalismos, recuperar espazos para a cidadanía nos núcleos urbanos, xunto a que nas parroquias disfruten das mesmas infraestructuras, nun diálogo permanente con entidades e institucións, dando prioridade ás políticas socias, seguen a ser as bases do Proxecto Político do BNG, que seguiremos a defender en Redondela”.

Segundo o BNG “a credibilidade da nosa organización segue medrando entre a veciñanza, polo que queremos brindar a posibilidade de sumar por Redondela, a tod@s redondeláns que queiran participar neste Proxecto encabezado por Xoán Carlos González”, rematan dende a organización nacionalista.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.