Xoán Carlos González pide que os fondos do Plan Concellos se invirtan en saneamento

A nova recollida en diversos medios de comunicación sobre a desaparición do evento cinematográfico, supón para o voceiro do BNG, “unha nova mostra da obstaculización que Javier Bas e o seu grupo supoñen para a dinámica cultural de Redondela”.
Publicado por o día 30/01/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

Xoán Carlos González pide que os fondos do Plan Concellos se invirtan en saneamento

Redondela vai recibir para o presente ano 2019, máis de 800.000€ vía Plan Concellos da Deputación, correspondentes á denominada Liña 1, adicada a investimentos. Mediante unha moción que se debaterá na sesión ordinaria de xaneiro, o edil do BNG demanda ao goberno de Javier Bas, que esta partida se adice íntegramente para a ampliación da rede de saneamento.

“Os motivos que nos levaron á presentación desta iniciativa son básicamente dous; por unha parte existe unha demanda veciñal, principalmente nas parroquias, de que un servizo de primeira necesidade como o saneamento chegue a todos e cada un dos veciños e veciñas de Redondela. Por outra, a dinámica do goberno municipal de reducir a mínimos históricos a inversión en saneamento” , afirma o edil nacionalista.

Por medio das axudas na Liña 2 do Plan Concellos para pagos en gastos correntes, dende Redondela acaban de solicitar unha axuda de perto de 100.000€, cando a poderían reinvertir en investimentos. “Unha demostración da boa xestión que pretenden vender dende o gboerno municipal”, afirma.

Considera que o despilfarro, e falta de Proxecto para os e as redondeláns caracterizan a xestión económica do goberno de Javier Bas. “Pretendemos poñerlle cordura, priorizando as inversións dos cartos que son de todos e todas”, considera Xoán Carlos González. As axudas do Plan Concellos elabóranse a partires de criterios obxectivos, para os concellos maiores de 50.000 habitantes, redundando en tres Liñas: investimentos, amortización de débeda e creación de emprego. Anualmente estas subencions, nas que o goberno municipal decide libremente onde invertilas, aumentan chegando para o ano 2019, aos 1.172.000, no caso de Redondela.

Recorda o edil nacionalista como “coa presenza do BNG no goberno, chegouse a invertir ata un millón de euros anualmente en saneamento. Pola contra o desinterese e inversión mínima do goberno de Javier Bas. Fronte a actuacións eleitoralistas e clientelares que caracterizan a este goberno, o Bloque Nacionalista Galego, presenta o rigor e o traballo a prol das verdadeiras demandas sociais, para que toda a veciñanza disfrute dos mesmos dereitos”, remata.