Xoán Carlos González “recuperará as subvencións ás Traídas de Auga”

“O apoio do concello ás entidades que abastecen de auga para consumo humano a máis da metade da poboación de Redondela, constitúe un deber para calquera goberno municipal”, segundo o voceiro do BNG.
Por o 08/05/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Xoán Carlos González “recuperará as subvencións ás Traídas de Auga”

“O apoio do concello ás entidades que abastecen de auga para consumo humano a máis da metade da poboación de Redondela, constitúe un deber para calquera goberno municipal”, segundo o voceiro do BNG.

Algo máis da metade da poboación do concello de Redondela, principalmente residente nas parroquias abastécese de agua para consumo, a traverso das Traídas e Comunidades de Auga. Entre os anos 70 e 80, constituíronse entre veciños da parroquia ou dos diferentes barrios, alí onde a Traída Municipal non garantía o subministro. “Isto supuxo unha implicación colectiva exemplar, na que moitos veciños e veciñas ademáis de sufragar os gastos das obras tamén traballaron nelas”. Tamén constitúen entidades de participación veciñal, que asumen dende a captación dos manantiais, as conducións ás vivendas, o mantemento, o control do consumo da auga.

O edil nacionalista destaca o importante papel que desenvolven as Comunidades de Auga, “ polo que deben contar co apoio e asesoramento dende a administración local para garantir un servizo nas mellores condicións”, considera. Recorda como dende que Javier Bas asume a alcaldía, estas entidades foron esquecidas e ninguneadas, eliminando a colaboración económica da que disfrutaban. “Esta situación de abandono por parte dos responsábeis municipais, agravouse nos últimos anos, cando nalgunhas parroquias como Quintela, escaseu o subministro de auga, e dende o concello quedaron de brazos cruzados. Mesmo chegaron a responsabilizar aos propios veciños e veciñas do malgasto da auga”, sinala.

Xoán Carlos González, considera prioritario recuperar tanto o asesoramento ás directivas, en diferentes trámites burocráticos, como das axudas económicas. “Coa presenza do BNG no novo goberno que sairá das eleicións do 26 de maio, recuperaremos unha liña de subvención para as Traídas de Auga, co fin de que poidan afrontar as avarías, novas captacións, renovación de conducións. Trátase dunha situación de xustiza, para que estas entidades que desenvolven un papel tan relevante, conten coa colaboración do Concello”, remata na súa nota o edil nacionalista.

Comentar noticia

Your email address will not be published.