Xoán Carlos González, responsabiliza ao alcalde de Redondela, da desaparición do Redondela en Curto

Por o 16/01/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Xoán Carlos González, responsabiliza ao alcalde de Redondela, da desaparición do Redondela en Curto
Compartir en:

A nova recollida en diversos medios de comunicación sobre a desaparición do evento cinematográfico, supón para o voceiro do BNG, “unha nova mostra da obstaculización que Javier Bas e o seu grupo supoñen para a dinámica cultural de Redondela”.

“Recibimos con sorpresa e preocupación este anuncio do director do Redondela en Curto, a quen lle queremos amosar o noso apoio, xunto ao resto do equipo que desenvolve o Festival decepción, ante unha decisión deste calado”, manifesta Xoán Carlos González. Considera que tal como se recolleu nos medios de comunicación “trataríase dun serio revés na dinámica cultural redondelá, que como noutros eidos, esmorece pola falla de apoio do goberno municipal”.

Valora moi negativamente, o voceiro do BNG a xestión realizada dende a administración local, centrando as críticas no papel do alcalde de Redondela, “sabedor da decisión de Fernando Carreira, xa dende decembro”. Afirma que a dinámica cultural de base, que sempre caracterizou ao noso concello, “sitúannos en lugar destacado da actividade cultural galega, están a sufrir un grave risco”, está sendo dilapidada dende o goberno municipal

Na súa nota, o voceiro municipal do BNG considera que “vemos con preocupación a posibilidade de que tamén estea no aire a Sección Andaina, que recollía curtos que tiñan como principal eixo ás persoas con necesidades educativas especiais e as súas familias”.

“A posibilidade da desaparición do Redondela en Curto, constitúe unha mostra do escaso interese do goberno de Javier Bas, en promocionar eventos culturais que non pode controlar politicamente. Non se pode limitar a acción do goberno ao exhibicionismo do lucerío durante o Nadal, desatendendo problemáticas como a da celebración deste evento. Atopámonos novamente, sinal Xoán Carlos González, ante unha nova evidencia que o goberno do PP unicamente exerce de apisoadora de movementos culturais de base e populares”, afirma Xoán Carlos González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.