Xoán Carlos González, ve inxustificable a ausencia de Javier Bas na entrega dos Lois Peña Novo

Por o 29/06/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Xoán Carlos González, ve inxustificable a ausencia de Javier Bas na entrega dos Lois Peña Novo

Na tarde do xoves, no entorno do Castelo de Soutomaior, celebrouse o acto de entrega dos Premios Lois Peña Novo, na súa XXIV edición. Ante varios centos de persoas, fíxose entrega dos galardóns á escritora, Maria Xosé Queizán; o filólogo, Manuel González, e ao xurista Xesús Costas. A este acto foron convidad@s diversos representantes políticos e sociais da nosa contorna.

“Quen non se dignou a acudir, foi o alcalde de Redondela, Javier Bas”, afirma o edil do BNG, Xoán Carlos González. Considera que se trata dunha falla total de respeto que “quen preside o concello organizador destes Premios, neste caso o Concello de Redondela, ausentárase a este acto de exaltación do idioma galego”. Recorda que por seren a xunta de persoal do Concello de Redondela, quen convoca estes Premios, o noso Concello asume un papel preponderante.

“Consideramos que se trata dunha nova manifestación do sectarismo co que Javier Bas afronta neste final de mandato, actos nos que teñen presenza outras entidades coas que el se tén enfrontado, como no caso da Deputacion de Pontevedra. Novamente desacredita a figura de alcalde de Redondela, máximo representante dos veciños e veciñas”, considera Xoán Carlos González.

“Moito máis grave sería que non quixera escoitar discursos tan brillantes en defensa do galego, ou cuestionando o papel de moitos representantes políticos da Xunta, quen mesmo amosan o seu maior e absoluto desprezo polo galego”, afirma o edil do BNG.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.