Xoguetes e adornos con refugallos, obradoiros de cociña, ciencia e cine encherán o edificio Cambón durante este nadal

As actividades da programación especial de Nadal na sede do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia son gratuítas, con recomendación de idade e límite de prazas
Por o 15/12/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Xoguetes e adornos con refugallos, obradoiros de cociña, ciencia e cine encherán o edificio Cambón durante este nadal
Compartir en:

O Edificio Cambón, sede do Parque Nacional Illas Atlánticas en Vigo, acollerá a realización de actividades para a elaboración de xoguetes e adornos con refugallos, obradoiros de cociña e de ciencia e cine, dentro da súa programación especial para estes días de nadal.

Este tipo de actividades ten por obxectivo explicarlles aos rapaces a necesidade de reciclar e depositar os refugallos nos lugares axeitados, para que estes non acaben no mar, contaminando o contorno mariño e provocando danos aos animais acuáticos.

Este tipo de actividades desenvolveranse ata o final das festas, no horario habitual do centro e serán gratuítas e as prazas son limitadas, polo que se recomenda a reserva de praza para cada actividade. As persoas interesadas en participar nos talleres e obradoiros ou que desexen ampliar a información poderán facelo no teléfono do Edifico Cambón (886218082) ou no correo electrónico centrodevisitantes.iatlanticas@xunta.gal.

A primeira actividade será o 22 de decembro, coa proxección do filme Nico, o reno que quería voar e rematarán co taller de doces mariños, o día 4 de xaneiro, para o que se abre o prazo de reserva de praza, hoxe 15 de decembro. No seguinte cadro resúmense as actividades programadas:

As persoas que se acheguen ata o Edificio Cambón tamén poderán visitar a exposición temporal Un mar sen desperdicio, realizada polos voluntarios do último campo de traballo realizado nas Illas Cíes, así como colgar no mural Un mar de desexos os seus anhelos e ilusións para o ano novo.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.