Xornada “Abrindo novos camiños contra a violencia de xénero”

Publicado por o día 05/06/2018 na sección de Eventos,Formación,Galicia,Vigo

Xornada “Abrindo novos camiños contra a violencia de xénero”

Dende a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo vos convida a participar na Xornada “Abrindo novos camiños contra a violencia de xénero”, que estamos organizando para o vindeiro día 7 de xuño no antigo reitorado de Vigo.
Consistirá nun encontro dun día de duración no que reflexionaremos sobre as diferentes formas de violencia de xénero, proporcionando un debate entre os diferentes colectivos que traballan no eido da Igualdade sobre as metodoloxías empregadas, liñas transversais das intervencións e temas fundamentais cara ó futuro.
O programa desenvolverase ó longo da mañá cunha mesa redonda seguida dun debate e pola tarde contaremos con varias ponencias.
Descargar aquí o programa