Xornada de portas abertas para os futuros residentes da EOXI de Vigo

O próximo día 22 de marzo no Hospital Álvaro Cunqueiro
Por o 13/03/2018 | Sección: Sanidad,Vigo
Xornada de portas abertas para os futuros residentes da EOXI de Vigo

A comisión de Docencia da EOXI de Vigo organiza unhas Xornadas de Portas Abertas para ofrecer información aos futuros residentes, tanto facultativos como enfermaría, sobre a actividade asistencial, docente e de investigación que se realiza nos centros sanitarios da EOXI de Vigo. Será o próximo xoves 22 de marzo no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Trátase da primeira vez que se celebran estas xornadas, organizadas ante a gran demanda de información recibida este ano por parte de interesados en realizar a súa e formación especializada nesta área sanitaria.

Nesta actividade informativa cóntase coa colaboración de titores e actuais residentes das diferentes especialidades, que serán os encargados de facilitar unha información máis directa sobre o día a día do seu labor asistencial. Así, se lles amosará aos futuros residentes as actividades máis destacadas, os programas formativos, a supervisión e tutorización nas nosas Unidades e a súa práctica clínica habitual. Ademais aclararáselles aquelas cuestións que necesiten e que lles axude na súa elección de praza.

Por este motivo, os eixos básicos deste Xornada van ser a xuntanza cos representantes dos residentes e as visitas “in situ” aos diferentes servizos acompañados de titores e residentes.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.