Xornada de experiencias de voluntariado europeo

Publicado por o día 09/10/2017 na sección de Amigos da Terra,Galicia,Medio Ambiente,Política

Xornada de experiencias de voluntariado europeo

Tes menos de 30 anos? Queres traballar en máis de 20 países de Europa? O 10 de outubro achégate ao Campus de Ourense á xornada sobre Voluntariado Europeo.

Amigos da Terra en colaboración ca Vicerreitoría do Campus de Ourense realiza unha xornada sobre o servizo de voluntariado europeo, para informar das súas vantaxes á mocidade e entidades,  o martes 10 de outubro de 10:15 a 14:30 no Edificio de Ferro.

Amigos da Terra está levando a cabo un proxecto de promoción do Servizo Voluntario Europeo (SVE) que remata cunha xornada de intercambio de experiencias en torno a este voluntariado que pode ser de interese tanto para ás mozas e mozos, organizacións que queiran traballar con voluntariado (asociacións xuvenís, culturais ou de veciños, centros de ensino, concellos, fundacións ou ONG) así como técnicos de emprego e xuventude municipais.

A través deste programa persoas menores de 30 anos poden traballar en máis de 20 países de Europa por un período que pode ir de 2 a 12 meses, colaborando a tempo completo en diversos proxectos que poden ser de carácter social (infancia, xuventude, persoas maiores), tecnolóxico, deportivo, artístico, cultural, vinculados ao patrimonio ou medio ambiente entre outros. Así para as mozas e mozos, non só se trata de vivir unha experiencia persoal única se non que no contexto actual de paro xuvenil increméntase as súas probabilidades de encontrar emprego.

A xornada comezará cunha breve sesión introdutoria sobre que é e en que consiste o SVE a cargo de Angel Dorrio, técnico de Amigos da Terra con máis de 17 anos de experiencia na xestión deste programa. Despois continuaranse con distintas mesas de experiencias das das asociacións  Sustinea (Asociación medio ambiental), Amencer (Asociación Xuvenil) e a OMIX do Concello de Ribadavia. E rematarase ca mesa máis numerosa e intercultural onde persoas  de Hungría, Portugal e España, que están realizando ou realizaron on SVE en España ou no estranxeiro, achegarán as súas vivencias. E para finalizar a xornada, Amigos da Terra convida a todas as persoas asistentes a uns petiscos, para que dun xeito máis distendido se poida seguir compartindo, preguntando, socializando en torno ao voluntariado europeo.