Xornada formativa sobre o comercio exterior da man da Embaixada de México

Será este xoves, 6 de xullo, ás 17.30 horas na Casa da Luz
Publicado por o día 04/07/2017 na sección de Formación,Galicia,Pontevedra

Xornada formativa sobre o comercio exterior da man da Embaixada de México

O Concello de Pontevedra organiza unha segunda xornada formativa para abordar as transaccións económicas co exterior, en concreto, con México, no marco da misión institucional-comercial que o Concello está a promover para finais de agosto a Cidade de México, e para o que xa están confirmadas dez empresas e entidades públicas.

Esta segunda xornada formativa será na Casa da Luz, este xoves, 6 de xullo, a partir das 17.30 horas, e contará coa presenza de Ana Salina, representante da Consellaría Comercial da Embaixada de México en España.

O programa da xornada é o seguinte:
• 17.30 horas. Benvida da concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías
• 17.40 horas. Mesa redonda Galicia-México: relacións comerciais e testemuñas directas da internacionalización:
• Óscar Rodil, profesor-Doutor de Economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela
• Senén Ferreiro Páramo, director de Valora consultores (Sustentabilidade, Innovación, RSC…)
• Paulo Casal, Florentino México e Director de La Voz de Querétaro (Xornal rexional)
• 19.30 horas. Charla: “Cidade de México: aproximación xeral, oportunidades e claves” por Ana Salina, representante da Consellaría Comercial da Embaixada de México en España.
• 19.40 horas. Coloquio e despedida.

A convocatoria enmárcase nos preparativos da próxima viaxe a Cidade de México dunha delegación municipal co alcalde Miguel Fernández Lores ao fronte, que inclúe unhamisión empresarial que participará na feira Expopymes- 2017.