Xornada internacional de debate Zonas de Baixas Emisións organizada por Ecoloxistas en Acción

Publicado por o día 13/02/2020 na sección de Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

Xornada internacional de debate Zonas de Baixas Emisións organizada por Ecoloxistas en Acción

A xornada de debate sobre a ceración de zonas de baixas emisións nas cidades na que Pontevedra foi protagonista principal por ser unha cidade de referencia na peonalización e reducción de emisións de CO2. O alcalde de Pontevedra participou na xiornada de debate e reflexión xunto con representantes doutras grandes urbes con experiencia e proxectos na reducción de emisións como Milán, Londres,Valencia, Valladolid e Madrid. Adxuntamos fotografía da intervención do representante de Pontevedra.

“Non hai escusas para que os concellos non tomen medidas para mellorar a calidade do aire e o benestar das persoas” “Queriamos unha cidade para a xente. Sorprendentemente, non todas as cidades están pensadas para as persoas”. Así arrincou Miguel Anxo Fernández, alcalde de Pontevedra desde 1999, no seu relatorio na xornada de debate sobre a creación de zonas de baixas emisións nas cidade organizado por Ecoloxistas en Acción e patrocinado pola  European Climate Foundation celebrado onte martes en Madrid.

O modelo de cidade de Pontevedra estivo presente por dereito propio.  Non en balde, dita cidade é todo un referente. Ademais participaron responsables de concellos de Milán, Londres, Valencia, Valladolid e Madrid, persoas expertas en calidade do aire e mobilidade, persoal investigador do ámbito da universidade e activistas ambientais

“Para quen é a cidade?, que queremos facer no espazo público: enchelo de coches ou crear espazo para as persoas?” Con estas preguntas arrincou no seu día o plan de transformación de Pontevedra que agora é unha experiencia a replicar nas vilas galegas.

O martes 11 de febreiro, Ecoloxistas en Acción celebrou unha xornada sobre Zonas de Baixas Emisións ( ZBE) na que se expuxeron diferentes experiencias que conseguiron bos resultados na mitigación da contaminación e a redución de gases de efecto invernadoiro (GEI).

Unha decena de relatoras e un centenar de asistentes reflexionaron sobre as bondades das  ZBE, as súas limitacións, os seus retos e as medidas que poden acompañalas.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e relator na xornada, afirmou que as cidades son para a xente, non para os coches, e que non hai escusas para que os concellos non tomen medidas para mellorar a calidade de vida das persoas e reducir a contaminación do aire.

Restricións ao tráfico, aparcamentos e peaxes foron os tres eixos sobre os que discorreu un debate no que se puxo sobre a mesa a necesidade de que o Goberno central aproba a obrigatoriedade das  ZBE e acompáñeo de dotación orzamentaria.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.