I Xornada sobre a Xestión Sostible e a Multifuncionalidade do Monte Veciñal de Cabral

Publicado por o día 06/03/2014 na sección de Vigo

I Xornada sobre a Xestión Sostible e a Multifuncionalidade do Monte Veciñal de Cabral

Programa_xornadas_Monte__JPG[1]

Mañán venres 7 de Marzo as 8pm vai celebrarse no Centro Socio-cultural da Feira de Cabral, a “I Xornada sobre a Xestión Sostible e a Multifuncionalidade do Monte Veciñal de Cabral”, á que estades convidados.

A asemblea de veciños e comuneiros en defensa do monte veciñal de Cabral organiza este evento coa intención de dar a coñecer novos usos que se están a fomentar nalgúns montes da nosa xeografía.

Diferentes propostas na actualidade poñen de relevo o valor e as posibilidades que ten en Galicia o monte veciñal en man común. Atrás de fomentar novas formas de comunitarismo moderno tres relatores (o biólogo e comuneiro Santiago Barciela, o investigador dos montes comunais e profesor de Historia Alfonso Álvarez Canella, e Fuco Barreiro -Pte do Consello Reitor da Sociedade Cooperativa Monte Cabalar na Estrada) concibirán dende distintas perspectivas teóricas e prácticas as posibilidades que estes recursos naturais posúen.

Precisamente nesta liña o evento procuarará albiscar alternativas de desenvolvemento sustentable e multifuncional para o monte veciñal de Cabral que sirvan de garante e salvación da súa integridade. É preciso ofrecer iniciativas fronte á ameaza da construcción dun megacentro que pretende o expolio do patrimonio comunal e parroquial deste monte, cuxo núcleo e o fermoso Parque Forestal da Becerreira.

PRENSA XISELA FRANCO