Xornada sur da Liga de Deporte Base de loitas olímpicas en Teis, Vigo

Por o 28/03/2019 | Sección: Deportes,Galicia,Vigo
Xornada sur da Liga de Deporte Base de loitas olímpicas en Teis, Vigo

O vindeiro sábado 6 de Abril, terá lugar no PAVILLÓN MUNICIPAL DE TEIS, a XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS.

Para elo enviamos todos os datos precisos da competición:

  • Día: sábado 6 de Abril de 2019.
  • Lugar: pavillón MUNICIPAL DE TEIS.
  • Hora de chegada dos equipos: 10:00 horas.
  • Horario da competición: de 10:30 a 12:00 horas.
  • Saída dos deportistas: 12:30 horas.
  • Os clubs participantes, entregaráselle un picnic para cada deportista, adestrador e árbitro.
  • Saídas dos autobuses (lugar e hora): Pendentes da confirmación por parte dos servizos provinciais de deporte. Notificarémolo con tempo.

Para unha correcta inscrición dos deportistas, tedes que remitir a Federación por mail, carta ou fax a folla axunta (de preinscrición) debidamente cuberta antes do mércores 3 de Abril as 12:00 horas, para ter unha previsión real do transporte, picnics, e outras necesidades que poidan xurdir.

Os pesos e inscrición definitivos dos deportistas, remitiranse a Federación na mesma folla antes do mércores 3 de Abril as 12:00 horas.

Debido o aumento de Clubs participantes na Liga de Deporte de Base, as xornadas quedarán divididas do seguinte xeito:

XORNADA SUR: 6 de Abril en Vigo: equipos participantes.

  • Club San Ignacio de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club Kuzushi de Vigo, Club Sabarís de Baiona, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita do Morrazo e Club A Cambadela de A Estrada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.