Ao redor de 50 persoas asistiron ás Xornadas de Convivencia para familias afectadas pola hemofilia, organizadas pola Asociación Galega de Hemofilia (agadhemo) e Bayer durante esta fin de semana en Nigrán. As familias asistentes puideron compartir experiencias sobre a hemofilia, así como recibir información sobre os tratamentos existentes e pautas que permitan normalizar esta patoloxía.
A hemofilia é unha enfermidade hereditaria que afecta a unhas 3.000 persoas en España. Ao estar ligada ao cromosoma X, transmítena as mulleres como portadoras, mentres que a padecen maioritariamente os homes. Segundo datos de agadhemo, hai 233 persoas con hemofilia vinculadas á organización en Galicia, maioritariamente trátase de hemofilias graves e moderadas, e só un 23% dos casos son leves.
Noticias de última hora en Vigo