Xornadas por un Plan B en Europa

Publicado por o día 19/05/2016 na sección de Social

Xornadas por un Plan B en Europa
O comité cidadán por un Plan B en Europa da cidade de Vigo convoca unhas xornadas, a celebrarse entre o venres 20 e o sábado 21, a proldunha Europa democrática, dos pobos e ao servizo das maiorías sociais, e contra a austeridade neoliberal do modelo imperante.

A xornada do venres comezará ás 19:00 no salón de actos do IES Politécnico (rúa Torrecedeira, 88), e contará coa presenza de Miguel Urbán (Eurodeputado de Podemos e membro de Anticapitalistas) e Xavier Vence (economista).

O sábado ás 20:00, no mesmo emprazamento, será o turno de Consuelo Martínez (deputada do Parlamento Galego e membro de Cerna) e de Adriano Campos (sociólogo e militante do Bloco de Esquerda portugués).

Máis información: https://planbvigo.wordpress.com/2016/05/18/xornadas-plan-b-vigo/

PRENSA ANTI CAPITALISTAS GALIZA