Xoves 22 de xuño 2017. Edificio Municipal de Areal (Antigo Rectorado de Vigo).
10,00: Inauguración do Encontro.
10,30h: Ponencia: Estrela Gómez Viñas, Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores).
“Sesgo por xénero e idade na xustiza”
11,30h: Debate
12,00h: Ponencia: Marta Rodríguez Engroba, Presidenta da asociación “Sí, hai saída”.
“Eivas e propostas na intervención con mulleres en procesos de violencia”
13,00h: Debate
13,30h: Xantar
15,45h: Distribución nos obradoiros.
16,00h: Obradoiros
Obradoiro 1.
Tareixa Ledo Regal (Facilitadora de Terapia de Reencontro)
Eu escollo o bo trato para a miña vida!
O bo trato parte do desexo de vivir en paz, en harmonía e equilibrio. Axuda a ser máis felices e xenera saúde e goce. Neste obradoiro miraremos como introducir a práctica consciente do bo trato nas nosas vidas para bentratarnos a nós mesmas e para construír benestar e coidado nas nosas relacións de a diario…
Obradoiro 2.
Andrea Arís Couso e Xandra Táboas Martínez (Formadoras en xénero e artes escénicas)
“Laboratorio creativo feminista”
Crear un espazo experimental colectivo no que a través de diferentes prácticas artísticas (escritura, imaxe, son, corpo…) poidamos construir novos relatos.
Partiremos do autobiográfico, do cotidiano, das propias experiencia para camiñar cara o colectivo, xerando novos saberes e subxectividades feministas dende a creatividade como ferramenta para a transformación social.
Obradoiro 3.
Pilar Lorenzo Represas (Educadora para a saúde a través das emocións positivas) “Teu corpo , o camiño a quen realmente eres”
Aprendizaxe a través de exercicio e movemento consciente, suave e global; o que moviliza todas as funcións naturais do organismo para producir un efecto de sinerxía, natural, a partir de catro áreas: Sensorialidade: Autocoñecemento; Verticalidade: Harmonización da postura; Emotividade: Xestión das emocións; Vitalidade: Axuste enerxético.
18,30: Posta en común dos obradoiros
Noticias de última hora en Vigo