Xornadas sobre a Violencia de Xénero

A Concellería de Igualdade organiza os días 4 e 5 de novembro unhas Xornadas, que baixo o título “Unidas contra as violencias machistas” tratarán sobre a Violencia de Xénero.
Publicado por o día 21/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Vigo

Xornadas sobre a Violencia de Xénero

Contarese coa presenza de Mª José Díaz-Aguado, Rosa Cobo Bedía, June Fernández, Justa Montero Corominas , Carmen Castro García, ademais das profesionais dos servizos municipais de Igualdade: Ana García Barrio, Felisa Balboa Cardoso e Ana Kowalski Bianchi.

Para asistir é preciso que se envíe cuberta a ficha de inscrición do programa ou os datos solicitados nesta ficha ao enderezo electrónico: [email protected] ou a través do fax 986 430 082.

Dado que o aforo é limitado outorgaranse as prazas por orde de inscrición.

O último día entregarase diploma acreditativo de asistencia.

Lugar: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/ Policarpo Sanz, 26. Vigo