Xosé Constela presenta a súa “Virada por avante” en Vigo

A cita será mañá, sábado, 10 de xuño no Café Teatro Estepario a partir das 22:30h
Publicado por o día 09/06/2017 na sección de Cultura,Eventos,Vigo

Xosé Constela presenta a súa “Virada por avante” en Vigo

O cantautor compostelán Xosé Constenla visita novamante Vigo para presentar o seu disco máis recente titulado “Virada por Avante”. Ofrecerá un concerto íntimo, acompañado das súas guitarras, no que se poderá disfrutar das cancións tal e como foron imaxinadas.

“Virada por Avante” é cuarto LP de Xosé Constenla en el son moi identificables influencias do folk rock americano, así como da tradición de cantautores latinoamericanos. Foi presentado na primavera do 2016 e ata a cita de mañá -sábado 10 de xuño- non houbo ocasión de poder presentalo na cidade olívica.

Ademais, Xosé Constenla, no Café Teatro Estepario (r/ Valencia, 16) a partir das 22:30h, interpretará cancións dos seus traballos anteriores, e tamén algunha das novas composicións do que será o seu próximo disco.

En definitiva, unha boa oportunidade para comprobar a boa forma na que se atopa a canción de autor galega máis actual e para gozar dunha noite chea de historias e acordes, no ambiente mariño ao que nos transporta a “Virada por Avante” de Xosé Constenla.